Bo día! Onte acordeime moito da clase xa que ensinaronme a facer acroioga. A verdade é que foi unha moi boa experiencia e teño ganas de volver a repetir. Recordei cando practicábamos ioga e mindfulness e me decíades que o voso corazón xa estaba moito máis relaxado, que a ra decíanos de estar no agora, de notar e sentir a nosa respiración... Recordo cando facíamos a árbore, a postura do foguete, a do can... E incluso cando me decíades que na vosa casa tamén o practicábades. Por iso, se vos animades déixovos este video con exercicios do conto que léramos chamado Respira e unha foto vosa practicando ioga na aula. Un bico enorme! Sat-nam!