Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Sabela

Imagen
Espero con todo corazón que pasedes un verán de 10.  Sodes fantásticos e fantásticas!  Xogade moito, divertídevos na praia, no parque, coa vosa familia, coa area da praia...  UN BICO MOI GRANDE!!!!!!!

O cumple de...

Imagen
Ola ! Pois hoxe é o cumple de Lucía! E mirade que boa pinta ten a súa tarta! Galleta, chocolate, laranxa... a verdade é que dan ganas de comer un pedaciño! Moitísimas felicidades, Lucía! Que o pases moi ben!  Un bico de Lucía!

Sabela

Imagen
Bo día! Onte nos reunimos 11 nenos e nenas para falar un pouquiño do que imos a facer no verán, para despedirnos e facer alguna recomendación literaria. Foi fantástico! Entre todas e todos propuxemos algunha cousa que facer este verán e por iso quería compartilas con vos para que non se vos esqueza: ֍      Visitar as vosas familias. ֍      Ir á piscina e tirarnos á bomba e bucear. ֍      Facer ioga na Praia. ֍      Dar un paseo ao lado do río, tirar unha moeda e que esta se convirta na moeda da sorte. ֍      Recoller cunchas. ֍      Facer un Castelo con cunchas da Praia. O verán xa está a chegar e espero que xoguedes, que bailedes, que vexades as vosas familias, que desfrutedes… Eu onte saín a dar un paseo e aproveitei a ver a posta do sol na Praia de Bastiagueiro. A verdade é que me encanta esperar a que se poña o sol… Espero que teñades un bo día!!!

Olalla

Imagen
Estes dias aproveitamos o bo tempo pa ir visitar a bisavoa a aldea, que ben o pasamos!!!  Usamos un novo medio de transporte: o carretillo!!!! E vos que estades a facer estes días? Un bico moi grande de Olalla para toda a clase!

Adiviña quen...

Imagen
Mañá é o cumple dunha compañeira de clase...  Sempre está sorrindo, encántalle ler e ten unha letra moi bonita!  Está sentada na mesa con Pablo Martínez...  Alguén sabe quen é? Mañá saberemos a resposta...  Un bico!

Sabela

Imagen
Hoxe quixera compartir con vos o título deste conto "Feliz Feroz" do autor Hematocrítico.  O outro día, o voso compañeiro Mario preguntoume por un libro para ler e finalmente animouse a comprar este. Díxome que lle encantara e que lle fixera moita gracia.  Que libros ou contos estades ler vos agora? UN BICO MOI GRANDE!!!

Brais Moris

Imagen
¡Hola compañeras y compañeros!  ¡Hoy os voy a explicar cómo hacer este pulpo!  Coges un ovillo  de Lana, cortas muchas tiras iguales y las atas por un lado, luego coges una  bolita de poliespan y la metes en medio de la lana para hacer la cabeza, la vuelves a atar y  haces trenzas para las patas. ¿Os animáis a hacerlo?  ¡Un abrazo muy grande!

Julia

Imagen
Bo día! Julia quérevos ensinar un conto por se a algún vos interesa... é un conto da ilustradora Nina Chakrabarti! Este en concreto é da natureza, e aparecen as 4 estacións explicando o que podes ver en cada unha. Non vos acordades das follas que fixeramos no outono? Era deste libro! É fantástico!  A Julia encántalle xa que podedes debuxar, pegar follas que atopedes, para recoller cunchas na praia, debuxalas e comparalas coas que veñen no libro... E vos tedes algún parecido a este? Un bico moi forte da súa parte! 

Matías

Imagen
Ola compañeiros e compañeiras! Matías fixo este fin de semana a Sonic! Utilizou plastilina para a súa creación Quedoulle moi ben! Fixéchedes algunha creación este fin de semana?? Un bico de Matías para toda a clase!

Sabela

Imagen
Bo día! Esta fin de semana aproveitei para estar co gatiño do meu irmán. Recordades como era?  Pois mirade como está agora. Xa empeza a comer moito máis e pouco a pouco vai sendo máis grandeciño e xa non ten tanto medo de dar paseos pola casa.  Finalmente decidiron chamarlle Loki. Gústavos?  Espero que teñades unha boa semana.  UN BICO MOI GRANDE!!!!!

Matías

Imagen
¡Buenos días! Matías ha hecho un dibujo sobre un invento para el medio ambiente. Esta se llamaría "la mochila 2300 recogedor de la basura del agua y de los bosques" Él explica que esta absorbería toda la suciedad del mar.  ¿Habéis pensado ya en cuál sería vuestro poder para cuidar el medio? ¡Un beso de Matías para toda la clase!

Julia e Yago

Imagen
Julia e Yago están aproveitando estos días para dar paseos pola natureza. Onte foron aos Muiños de Coirós, un lugar precioso como podedes ver nas fotos.  Déronlle de comer a un burro e finalmente chegaron ata os muíños. Yago e Julia vos animan a que visitedes este lugar tan fermoso! E vos, xa o coñecíades? UN BICO MOI FORTE DE JULIA E YAGO PARA TODA A CLASE!

Marco

Imagen
Onte Marco fixo o seu conto coas palabras dos dados. Mirade como lle quedou! "Marco está tocando la guitarra encima del caballo y mirando las estrellas vio una estrella fugaz que señalaba un tesoro mágico" XENIAL, MARCO!!! Un bico enorme de Marco para toda a clase!

Marco

Imagen
Esta fin de semana, Marco fixo un montón de cousas na aldea. Colleu fresas, puxo as galiñas no curral, puido ver unhas ovellas pequeniñas...  Contoume ademais que indo de paseo atopou unha botella de vidro tirada no chan. El decidiu recollela para despois tirala no contedor correspondente. Isto recordoume á proposta desta semana da Radio... xa víchedes o vídeo das súper heroínas? Estou desexando oír os vosos súper poderes e as vosas fotos! Un bico de Marco para toda a clase! 

Sabela

Imagen
Bo día! Onte tiven un webex co voso compañeiro Marco. Fixemos entre outras cousas unhas historias locas.  Por iso, hoxe volvín a tirar os dados e propoñóvos para quen se anime que me faga unha historia utilizando estas palabras.  Encantaríame ler as vosas historias e compartilas con todos e todas! Un bico moi grande!

Julia

Imagen
Ola! Julia está a xogar as tendas cos seus billetes e moedas. Practica coa súa nai, sendo unha a compradora e a outra a vendedora quen lle ten que dar a volta. Pouco a pouco vai collendo ritmo.  Moi ben esa práctica, Julia! Un bico de Julia para toda a clase!

5 de xuño

Imagen
Bo día! Hoxe é o día mundial do medio ambiente. O Pirata Contaminatus deunos bastante a lata durante o curso e por iso, gustaríame que recordárades a vosa función importantísima como heroes e heroínas do reciclaxe.  E vos que facedes para coidar o planeta? Déixovos este video que vimos na clase.  Un bico enorme!

El cuento de Mario

Imagen
Cuento Había una vez un tiburón blanco que comió una pata de un águila que al amanecer se convirtió en un gato que le daba requetemucho miedo la lluvia y también el agua, solamente le gustaba saltar entre los animales que tenía cerca pero cuando fue a beber y volvió a ser un tiburón blanco, dijo me quedaré aquí un gato en el agua. FIN ¿Os animáis a escribir un cuento? ¡Me encantaría leerlo! Un abrazo de Mario para toda la clase 

Sabela

Imagen
Bo día! Onte foi o día no que as vosas familias viñeron a recoller o material de clase. Chegáronme algún agasallo que recibín con moitísima ilusión! Moitas gracias!!! Un bico moi grande!

Yago

Imagen
Pois aquí tedes a Yago soplando a vela da súa tarta! Moitos parabéns!!!!! Desexo que os disfrutes moito! Un bico enorme!

Adiviña quen...

Bo día!  Adiviña, adiviña... Quen está hoxe de cumple??  Vouvos dar unha pista.... é o máis alto da nosa clase... Quen pode ser?? Deixadeo en comentarios e esta tarde o direi!! Un bico enorme! 

Pablo Mosquera

Imagen
O voso compañeiro Pablo quere ensinarvos os debuxos máis bonitos que fixo o seu avó durante o confinamento. Pablo os recibía cada día, que bonito! Ademais, tamén quere contarvos que teñen un niño no porche da casa. Son catro pitiños de papuxa e fan moito alboroto cando queren comer. Mirade!!! Cantas cousiñas nos conta Pablo! Un bico enorme da súa parte para toda a clase!

Julia

Imagen
Julia foi o outro día a súa libraría favorita a mercar a súa primeira novela, xa que quería un libro con varios capítulos.  Decidiuse pola historia de Pippi  Långstrump. Coñecedes a Pippi? É unha historia XENIAL! Boa elección, Julia! Disfruta moito da lectura! E vos, que estades a ler? Un saúdo de Julia para toda a clase