Sabela
Bo día!
Onte nos reunimos 11 nenos e nenas
para falar un pouquiño do que imos a facer no verán, para despedirnos e
facer alguna recomendación literaria. Foi fantástico!
Entre todas e todos propuxemos algunha
cousa que facer este verán e por iso quería compartilas con vos para que non se
vos esqueza:
- ֍ Visitar as vosas familias.
- ֍ Ir á piscina e tirarnos á bomba e bucear.
- ֍ Facer ioga na Praia.
- ֍ Dar un paseo ao lado do río, tirar unha moeda e que esta se convirta na moeda da sorte.
- ֍ Recoller cunchas.
- ֍ Facer un Castelo con cunchas da Praia.
O verán xa está a chegar e espero
que xoguedes, que bailedes, que vexades as vosas familias, que desfrutedes…
Eu onte saín a dar un paseo e
aproveitei a ver a posta do sol na Praia de Bastiagueiro. A verdade é que me
encanta esperar a que se poña o sol…
Espero que teñades un bo día!!!
Comentarios
Publicar un comentario