Bo día! Onte nos reunimos 11 nenos e nenas para falar un pouquiño do que imos a facer no verán, para despedirnos e facer alguna recomendación literaria. Foi fantástico! Entre todas e todos propuxemos algunha cousa que facer este verán e por iso quería compartilas con vos para que non se vos esqueza: ֍ Visitar as vosas familias. ֍ Ir á piscina e tirarnos á bomba e bucear. ֍ Facer ioga na Praia. ֍ Dar un paseo ao lado do río, tirar unha moeda e que esta se convirta na moeda da sorte. ֍ Recoller cunchas. ֍ Facer un Castelo con cunchas da Praia. O verán xa está a chegar e espero que xoguedes, que bailedes, que vexades as vosas familias, que desfrutedes… Eu onte saín a dar un paseo e aproveitei a ver a posta do sol na Praia de Bastiagueiro. A verdade é que me encanta esperar a que se poña o sol… E...